REGULARIZACIÓN URBANÍSTICA de Viviendas y Naves Industriales en uso (Galicia)

A Lei 2/2010 de Galicia concretou a situación urbanística en que quedan as edificacións realizadas sen licencia ou sen a preceptiva autorización autonómica, e establece os requisitos e o procedemento que se debe seguir para que poidan incorporarse ao patrimonio do seu titular, suxeitas ao réxime dos edificios en situación de fóra de ordenación total previsto na nova redacción do artigo 103.2 da LOUG.

Esto aplícalles as  edificacións e construcións realizadas sen licenza ou sen a autorización autonómica preceptiva, existentes con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2003 sobre as que a administración adoptase ningunha medida dirixida á restauración da legalidade urbanística ou medioambiental,

Para eses efectos, no prazo máximo de dous anos desde a entrada en vigor desta lei de modificación (20/4/2010) , o propietario ou a propietaria haberá de solicitar do concello correspondente a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total, presentando o anexo técnico necesario firmado por técnico competente.

Unha vez tramitada esta solicitude polo concello o titular poderá incorporlo ó seu patrimonio como edificación (co uso que se acreditara) fora de ordenación.

Que se permite facer nas edificacións fora de ordenación:

- Nas construcións e edificacións que queden en situación de fóra de ordenación por total incompatibilidade coas determinacións do novo planeamento só poderán autorizarse obras de mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente.

- Nas construcións só parcialmente incompatibles co novo planeamento poderán autorizarse, así mesmo, obras parciais e circunstanciais de consolidación, así como as de mellora, de reforma e, en casos xustificados, de ampliación da superficie construída que se determinen no plan xeral respectivo.

Esta tramitación non supón en absoluto unha legalización do construído, senón a mera aceptación dunha situación de feito e, consecuentemente, unicamente se permiten as obras necesarias para a mera conservación da edificación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente cando se acredite a preexistencia dun uso continuado.  Pero a edificación pasará a “existir” para o concello e ademais abre o camiño para que poida ser tida en conta de cara a futuras consideracións de planeamento que o concello poida adoptar, e polo menos a propiedade incorporase o patrimonio do propietario e podense facer obras de mantemento (polo menos) e, según o caso, incluso de reforma ou ampliación.

As solicitudes deben presentarse antes do 20 de abril de 2012. Transcorrida esa data sen que se presentase a solicitude de declaración a edificación pasará o réxime dos edificios fóra de ordenación total, coa particularidade de non quedar incorporados ao patrimonio do seu titular co uso urbanístico e a actividade preexistentes.  Consultas o aclaraciones: info@daixma.com

        
NOVEDADES
Domótica Industriales Actividad
© Daixma Domótica 2011 - Web realizada por Atinne Formación y Consultoría(powered by dattic)